Que é Impact Hub?

Cremos que é posible xerar un impacto positivo no mundo a través dos proxectos colaborativos de persoas unidas por unha visión común: un mundo máis sustentable.
De Amsterdam a Xoannesburgo, de Singapur a San Francisco, Impact Hub é unha rede global e diversa que se expande rápidamente, con máis de 15.000 membros en 80 lugares do planeta. Cada Impact Hub é un lugar de encontro para a comunidade, onde construímos un ecosistema único de recursos, inspiración e oportunidades para maximizar o impacto social do noso traballo. Son experiencias locais que forman parte dun movimento global e representan un punto intermedio entre un laboratorio de ideas, un centro comunitario e un espazo para o traballo colaborativo. Así, ser parte de Impact Hub significa que somos parte activa no desenvolvemento de proxectos e ideas, na construción dunha rede global de colaboracións e no impulso de iniciativas para a innovación social.  
icon-cities

80+

Cidades

icon-makers

400+

Makers

icon-members

15000+

Membros

icon-space

+25000

m2 de espazo