IMPACT HUB VIGO


Galicia entra no mapa de Impact Hub a través de Vigo, a cidade máis xoven da Comunidade Autónoma e a que rexistrou un maior crecemento durante o século XX.

Con esta perspectiva, nace Impact Hub Vigo, unha comunidade de makers que buscan traballar pola innovación, a economía social e o desenvolvemento local dende un marco global. Esta comunidade está inspirada polo interese en crear un espazo, tanto físico como virtual, que sirva como punto de encontro para impulsar oportunidades de co-creación e innovación social. O noso obxectivo é facilitar a colaboración intersectorial para o desenvolvemento de proxectos sostibles económica, medioambiental e socialmente.

Que significa todo isto? Significa que cremos na colaboración como metodoloxía de traballo e queremos facilitar as conexións entre a cidadanía, o terceiro sector, a industria, a educación, a cultura e a ciencia. Queremos, polo tanto, dinamizar unha comunidade que xere oportunidades, ideas e reflexións cun impacto positivo na sociedade.

Situada a media hora da fronteira con Portugal e cunha gran actividade portuaria, Vigo aparece como a situación perfecta para impulsar unha experiencia global dende o local, así como para transferir as experiencias dende e a outros Hubs. Cremos que é necesario ese espazo onde os diferentes actores sociais, culturais e económicos poidan poñer en común os seus recursos e desenvolver proxectos que superen las barreiras xeográficas. E ese espazo é un ecosistema social, no que se impulsa e dinamiza unha comunidade innovadora, solidaria, cosmopolita y creativa.

Si queres saber máis sobre Impact Hub Vigo, podes acompañarnos no noso Impact Vigo Tour (haberá más información sobre esta actividade moi pronto, pero si tes interese en saber máis, escribe a vigo@impacthub.net)
fat divider