A acción colectiva de diversas persoas e organizacións é chave para ofrecer apostas innovadoras ante os retos sociais e medioambientais.

Dende a rede internacional Impact Hub, con más de 15000 membros en 80 cidades do mundo, facilitamos e inspiramos a creación de solucións locais, que poden ser escalables a nivel global.

Hai moitas historias que implican o compromiso colectivo e dende Impact Hub Vigo queremos axudar a construir outras novas con empresas, asociacións, emprendedores, ONGs, investigadores, freelancers, educadores, programadores…personas diversas cunha inquietude común: aprender, medrar e provocar impactos positivos na sociedade e no entorno coas sus iniciativas, proxectos e traballo.

Se tes interese en coñecer a rede Impact Hub, as oportunidades que che ofrecemos dende o noso espazo en Vigo e aprender a construir solucións a retos globais de xeito colectivo, agardamoste na nosa sede (Policarpo Sanz 21, 2) o venres 16 de decembro de 16:00 a 20:00. No taller IMPACTA compartiremos metodoloxías para o desenvolvemento destas solucións que poderás aplicar nos teus proxectos.

A participación é gratuita previa inscrición.