Ecoemprendedores polo Clima é a Semana Global da Economía Verde e o Movemento polo Clima. Unha semana de actividades en cidades de todo o mundo, co propósito de impulsar solucións empresariais aos retos derivados do cambio climático.

Sumándonos a este movemento global, Impact Hub Vigo acolle a edición 2016 #ECO4CLIM16 o sábado 29 de outubro de 2016, acompañando a cidades dos 5 continentes, como París, Berlín, Tokio, Cidade do Cabo, Barcelona, Santiago de Chile, Oviedo, Lisboa, Sevilla ou Atenas.
ECO4CLIM16 impulsará a creación a escala global dos Climate Innovation Labs, laboratorios de innovación onde resolver retos e desafíos frente ao cambio climático, intercambiar boas prácticas e identificar e escalar as solucións máis axeitadas, co obxectivo de fomentar o ecoemprendemento.
Ademáis, o programa do evento inclúe os CLIMATE CHAMPION AWARDS, no que se premiarán aos promotores de iniciativas emprendedoras e proxectos empresariais que podrán participar no foro internacional da Cumbre de Nacións Unidas sobre Cambio Climático a celebrar en Marrakech (COP22).

Como inscribirse?

ECO4CLIM é un evento gratuito que busca visibilizar tanto as iniciativas emprendedoras coma os productos ou servizos de empresas que axuden a combatir o cambio climático.
Enerxía renovable, moda sustentable, consumo responsable, reciclado e reutilización de materiais, educación medioambiental, transporte e movilidade sustentable, aproveitamento responsable dos recursos naturais…son algúns dos sectores nos que presentar iniciativas, intercambiar experiencias e compartir un tempo de debate con outras persoas que traballan para conseguir impactos medioambientais positivos.
O sábado 29 de outubro, de 10:00 a 14:00 agárdamoste en Policarpo Sanz 21, 2ª planta.
A xornada é gratuita, pero temos prazas limitadas.

Podes inscribirte aquí

Como participar nos Climate Champion Awards?

Coa túa inscripción, se tes unha idea, proxecto ou unha empresa que contribúa a mitigar o cambio climático, podes participar en dúas categorías: ecoemprendedores (unha idea ou proxecto emprendedor) e empresas da economía verde (productos ou servizos dunha empresa)

Primeira fase

Rexistrate no formulario e información da túa idea Seleccionaremos propostas que, polo seu impacto no medio ambiente, supoñen modelos de negocio sustentables que contribúen á mitigación e adaptación ao cambio climático.

Segunda fase

O 29 de octubre realizarás unha presentación a estilo Pecha Kucha (20 diapositivas / 20 segundos cada unha) onde se seleccionarán as propostas de cada categoría, obtendo difusión en prensa e medios online a nivel nacional e internacional, e pasarás á fase de selección para a súa presentación na próxima Cumbre Mundial polo Clima – COP22 de Marrakech con todos os gastos pagados.

Únete ao movemento polo clima!