Baixo o lema “Creando Cultura Emprendedora”, o programa de Spin2016 inclúe conferencias, seminarios e obradoiros creativos, concertos e diversas actividades para a creación de alianzas, como un foro de inversión que contará cos principais inversores de América Latina, España e Portugal.

 

Do 29 de setembro al 1 de outubro, Santiago de Compostela acolle o maior evento do ano sobre emprendimento universitario iberoamericano: o Spin2016.

O encontro está organizado por RedEmprendia, Banco Santander -a través de Santander Universidades-, a Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Xunta de Galicia, e está impulsado pola rede Impact Hub.

Os asistentes poderán coñecer, de maneira gratuíta, aos poñentes máis inspiradores e creativos do mundo da empresa, da cultura e o deporte.

 

2.000 ASISTENTES DE 20 NACIONALIDADES

Cunha asistencia esperada de 2.000 persoas procedentes dun centenar de universidades e 20 países,  estudantes, emprendedores, investigadores, académicos, empresas e inversores poderán asistir aos diversos seminarios, obradoiros e conferencias, como os impartidos polo ex-seleccionador español de fútbol, Vicente del Bosque; o emprendedor Anxo Pérez, que iniciou o seu camiño emprendedor en Impact Hub Madrid con 8Belts.com e é autor de Los 88 Peldaños del Éxito; a investigadora e emprendedora especialista en dislexia e Premio Princesa de Girona, Luz Rello; a fundadora e CEO de Corageous Girls e directora de Enterprise Technology en Paypal, Silvia Vásquez-Lavado; o surfista e Guinness World Record, Garret McNamara; e o director de King.com en Barcelona e un dos creadores do videoxogo Candy Crash, Manel Sort.

 

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

As inscricións son gratuítas a través de  http://registro.spin2016.org.

Atoparás máis información na páxina: http://www.spin2016.org