Dende Ámsterdam a Xoannesburgo, Singapur a San Francisco, cada Impact Hub é un laboratorio de innovación, unha incubadora de empresas sociais e un espazo comunitario globalmente interconectado para o intercambio de ideas e coñecemento

En Impact Hub Vigo conectamos a persoas, empresas e organizacións para que desenvolvan, compartan e impulsen programas de innovación social, proxectos de emprendemento e iniciativas sociais cun impacto positivo, real e medible noutros contextos e territorios.

Pronto abriremos as portas da nosa sede en Vigo, onde fusionamos o mellor dun laboratorio de innovación, unha incubadora de negocios e un espazo de traballo compartido para crear un entorno único de aprendizaxe, creatividade e oportunidades de colaboración onde facer medrar o impacto social do teu proxecto ou empresa.

O noso obxectivo é inspirar, conectar e impulsar a todos aqueles que, coma os máis de 15000 membros de Impact Hub en todo o mundo, pretendan xerar un impacto positivo na sociedade e no medio ambiente por medio de apostas innovadoras.

Enerxía e Transporte sustentable, Urbanismo, Educación, Cultura, Saúde, Inclusión e uso eficiente dos Recursos Naturais son algunhas das áreas onde queremos provocar impactos positivos. Para iso precisamos da acción colectiva de persoas, empresas e institucións.

Así, en Impact Hub Vigo damos a benvida a novas alianzas con empresas, individuos e organizacións que procuren incrementar o seu impacto social e o seu alcance.

Interésache? Escríbenos!