#doCOMPÁS

3, 2, 1… Comezamos: o Impact Hub Ría de Vigo é xa unha realidade, e dará o seus primeiros pasos en #doCOMPÁS, unha xuntaza que se celebrará o próximo 20 de novembro.

O compás foi a ferramenta indispensable para que milleiros de persoas percorreran o mundo e achegáranse a outras culturas e lugares, así como a para voltar coas achegas lonxanas que enriqueceran a súa comunidade. Hoxe queremos que ese compás dirixa a súa agulla cara un mundo mellor, socialmente máis xusto e sostible.

Impact Hub Ría de Vigo quere ser o punto de encontro para todas as iniciativas que, dende a economía social, buscan unha transformación real na súa contorna. O encontro #doCOMPÁS será a primeira a oportunidade de posta en común, porque a partir das ideas e do traballo conxunto de todas as persoas participantes, queremos prototipar xuntas un espazo virtual e físico para o cambio social.

#doCOMPÁS quere ser unha ferramenta para a comunidade do Impact Hub, un encontro de tres horas no que participe, colabore e debata quen traballa polo ben común, dende institucións e empresas ata colectivos culturais ou sociais, así como profesionais ou axentes independentes.
Queremos imaxinar o Impact Hub Ría de Vigo dende unha perspectiva colectiva. Queremos xuntar a persoas comprometidas coa realidade na que habitan para,a partir desta base, construir un proxecto con raíces na propia comunidade.

Recordade que ata o domingo 15 de novembro podédesvos inscribir para participar no encontro enchendo este formulario

Se queres saber máis sobre o encontro, pode visitar o blog de #doCOMPÁS