POR QUE UN IMPACT HUB EN VIGO

Impact Hub Vigo nace inspirado polo interese en crear un espazo, tanto físico como virtual, que sirva como punto de encontro para impulsar oportunidades de co-creación e innovación social. O noso obxectivo é facilitar a colaboración intersectorial para o desenvolvemento de proxectos sostibles económica, ambiental e socialmente.

Que significa todo isto? Significa que cremos na colaboración como metodoloxía de traballo e queremos facilitar as conexións entre a cidadanía, o terceiro sector, a educación, a cultura e a ciencia. Queremos, polo tanto, dinamizar unha comunidade que xere oportunidades, ideas e reflexións cun impacto positivo na sociedade.

 

Situada no noroeste da Península Ibérica, Galicia é a rexión máis occidental da Unión Europea. A súa poboación dispersa e a diversidade da súa xeografía convértena nun contorno único onde conviven centos de pequenas comunidades. As relacións socioeconómicas entre elas tecen unha rede de infinitos nodos e conexións a través das montañas e das rías, incluso do mar. E é que as migracións marcaron a historia dunha rexión europea fortemente vinculada a América Latina.

 

Baixo esta perspectiva transfronteriza e atlántica, a nosa comunidade esténdese ao longo do coñecido como “Eixo Atlántico”, un eixo imaxinario que percorre 241 quilómetros de norte a sur polo litoral atlántico, e comunica seis das sete cidades máis importantes de Galicia (Ferrol, A Coruña, Santiago, Ourense, Pontevedra y Vigo) co norte de Portugal (Porto, Braga). O río Miño é a única fronteira física que separa ambas rexións, que comparten cultura, espazos naturais e estruturas socioeconómicas.

 

Vigo é unha cidade altamente vinculada ao mar, da carácter industrial e cunha sociedade nova, conformada ao longo do século XX a partir do crecemento económico, que atraeíu a persoas de diferentes lugares de Galicia, Europa e América. Situada a media hora da fronteira con Portugal e cunha gran actividade portuaria, Vigo aparece como a situación perfecta para impulsar unha experiencia global dende o local, así como para transferir as experiencias dende e a outros Hubs. Cremos que é necesario ese espazo onde os diferentes actores sociais, culturais e económicos poidan poñer en común os seus recursos e desenvolver proxectos que superen as barreiras xeográficas. E ese espazo é tamén un ecosistema social, no que se impulsa e dinamiza unha comunidade innovadora, solidaria, cosmopolita e creativa.