Olá!

Queremos darche a benvida a esta web, onde poderás acompañarnos no proceso de creación do Impact Hub Vigo.

Somos un equipo de profesionais comprometidos co cambio social e por iso estamos a traballar para construír este Impact Hub en Galicia. Tras un longo proceso de reflexión, deseño e propuestas, o Impact Hub Vigo comeza a camiñar para converterse nun punto de encontro para a innovación, a colaboración e a creatividade no noroeste da Península Ibérica. Tamén asumimos o reto de impulsar unha comunidade solidaria e dinámica en Galicia e no norte de Portugal, onde unamos recursos, inspiración e ideas polo cambio social.

Sabemos que vai ser unha experiencia emocionante e todas as persoas que formamos parte do equipo estamos moi orgullosas de participar nela.

Se precisas contactar connosco, podes escribirnos a: vigo@impacthub.net